Homesociedade32 establecementos comerciais de Chantada participarán na ‘Noite Aberta’

32 establecementos comerciais de Chantada participarán na ‘Noite Aberta’

Unha nova campaña do CCA Ribeira Sacra dinamizará o comercio local con oferta de lecer para a cativada e unha novidosa cata con petiscos para os maiores. A Noite Aberta será o 12 de xuño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O CCA Ribeira Sacra de Chantada celebrará a “Noite Aberta” o vindeiro venres, 12 de xuño, e contará con 32 establecementos participantes de roupa, calzado, complementos, cosmética, alimentación, fotografía, etc.

Para crear ambiente festivo e fomentar o consumo das familias no comercio local haberá animación infantil (Pza. España) –entre as 19:30 e as 22:30 h– con inchables, carriño de lambetadas e obradoiro de reciclaxe. Para o público xeral está programada animación musical con pasarrúas pola vila.

E, por primeira vez, organizarase un obradoiro baixo o título:“Chantada, entre viños e petiscos”. Consistirá nunha cata de viños da Ribeira Sacra para maiores de 18 anos que estará acompañada de petiscos de produtores da zona. As prazas son limitadas e ten un custe de 10€ / persoa. O día 10 de xuño será o derradeiro para inscribirse na sede da Asociación (Praza de España, 10 en horario de 10:00 a 16:00h.)

DESCONTOS NAS TENDAS PARTICIPANTES

Con esta campaña o CCA Ribeira Sacra anima á xente a mercar nos establecementos asociados o día da celebración da ‘Noite Aberta’, venres 12 de xuño, para despois cambiar os tikets de compra por agasallos.

O troco anterior pódese facer o propio día 12 de 10:00 a 14:00 h na oficina da Asociación de Empresarios de Chantada, na Praza de España, e de 19:00 a 21:30 h. na carpa da entidade ubicada no lugar anterior. E tamén se pode facer o día 15 de xuño, neste caso de 10:00 a 15:00 h na sede de asociación.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...