HomesociedadeAraceli López Gallego, do IES de Quiroga, premiada polo seu expediente de...

Araceli López Gallego, do IES de Quiroga, premiada polo seu expediente de Bacharelato

Vén de recibir, xunto con outras dúas estudantes da Rúa e do Barco, un premio ao 'Mellor Expediente de Bacharelato'. Trátase dunha iniciativa do Clúster da Pizarra de Galicia que recoñece o talento do alumnado dos concellos de Quiroga, A Rúa e O Barco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Clúster da Pizarra de Galicia volveu premiar a excelencia académica entregando o pasado 11 de xuño os seus Premios aos Mellores Expedientes de Bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras. Segundo os organizadores, “a iniciativa que reflicte a súa aposta pola formación das novas xeracións e pola promoción do talento nas zonas vencelladas á industria da louseira”.

A gañadora no Concello de Quiroga foi Araceli López Gallego, alumna do IES de Quiroga, mentrea que na Rúa levou o premio Cintia Anabel Pérez González, do Colexio Pablo VI.

Cintia Anabel do Pablo VI. Foto: Prensa Clúster da Pizarra.

Na zona do Barco de Valdeorras deuse unha circunstancia curiosa. Dúas alumnas do IES Martaguisela, Eva López García e Nerea López García, acadaron a mellor cualificación deste curso. Ao obter ambas a mesma nota, recibiron un diploma cada unha e repartiron o premio económico.

As rapazas gañadoras do Barco. Foto: Prensa Clúster da Pizarra.
ENTREGA DE PREMIOS

O xerente do Clúster da Pizarra, Severino González, foi o encargado de facer entrega dos cheques nos tres centros educativos. O premio consiste nun diploma e un cheque de 300 euros para cada estudante.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...