HomeCulturaMonforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das...

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

A Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude do Concello de Monforte, Marina Doutón, fixo entrega esta semana os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil ‘Letras Galegas 2026’, dirixido a escolares ata os 16 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial de Lugo, enmárcase nas actividades conmemorativas do 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano á xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). O obxectivo do concurso é impulsar e por en valor o uso da lingua galega e a defensa da nosa cultura, como sinal de identidade,  complementando outras actividades que se desenrolan dende a área de Cultura do Concello.

Como en edicións anteriores, desenvolveuse en dúas modalidades. Unha de Narracións, en galego, na que os participantes presentaron textos cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, e outra de Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4. A temática para ambos casos foi o lema “Medrar lendo”.

Os premiados levaron un diploma e unha bolsa con libros e xogos de mesa. A concelleira felicitou a todos os rapaces e rapazas pola calidade das obras presentadas, e animounos a que volvan a participar neste certame nas vindeiras edicións, resaltando a calidade dos traballos presentados una ano mais na defensa e posta en valor da nosa cultura.

PREMIOS CERTAME NARRACIÓN 2026

CATEGORÍAPremioApelidosNomeIdadeColexio
B1ºVila SánchezJosé Antonio11CPR ESCOLAPIOS
2ºLoureiro FernándezSara10CEIP MONFORTE
De 9 a 11 anos3ºCuevas GuerreroReichert Eliersy11CEIP A GÁNDARA
C1ºRodríguez PérezManuel12CPR TORRE DE LEMOS
2ºDe Ornelas RíosKendall12CPR ESCOLAPIOS
De 12 a 16 anos3ºCortés NievaNicole13CEIP A GÁNDARA

PREMIOS CERTAME DEBUXO 2026

CATEGORÍAPremioApelidosNomeIdadeColexio
A1ºLópez PrietoXoel8CEIP A GÁNDARA
Ata 8 anos
B De 9 a 11 anos1ºOrtega HernándezReychell Stefanía11CEIP A GÁNDARA
2ºRodríguez PérezSofía9CPR TORRE DE LEMOS
3ºAboufarisNour Ezzahra9CEIP A GÁNDARA
C De 12 a 16 anos1ºSánchez SotoSara Sofía13CEIP A GÁNDARA
2ºDíaz GonzálezMartina12CEIP A GÁNDARA
3ºAgudelo MontoyaAna Sofía13CEIP A GÁNDARA

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...