HomesociedadeO Folión de Carros de Chantada presenta o seu cartel anunciador, obra...

O Folión de Carros de Chantada presenta o seu cartel anunciador, obra de Noemí Cortiñas López

A obra premiada foi seleccionada entre os 27 deseños que se presentaron ao concurso convocado pola Asociación Amigos do Folión. Todos os traballos fotron elaborados polo alumnado de 4º da ESO coa coordinación da profesora Cristina Ouro. O cartel anunciador, obra dunha alumna do IES Lama das Quendas, presentouse neste centro educativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cantidade e calidade dos traballos presentados dificultou a tarefa de elección, decidindo finalmente o xurado outorgar premio e, por tanto, recoñecemento público, a catro deles. O primeiro premio será o cartel anunciador do Folión de carros 2026 e o accésit será a imaxe para a portada da revista que todos os anos edita no mes de agosto a Asociación Amigos do Folión con motivo do Folión de carros.

O xurado deixou constancia da extraordinaria capacidade creativa e habilidade técnica dos traballos premiados para establecer sinerxias entre a cultura tradicional e as formas de expresión artística contemporáneas. Así mesmo, o xurado comunicou a todo o alumnado que calquera destas creacións artísticas, tanto as catro seleccionadas como outras tantas non premiadas, representan perfectamente todo canto significa o Folión de carros como ben de interese cultural.

  • O accésit, que será a imaxe seleccionada para a portada da revista, corresponde co traballo presentado por Leonor Pacheco Gay.
  • O terceiro premio foi para o traballo presentado por Sara Valentina Lugo Martínez.
  • O segundo premio foi para o traballo presentado por María Ledo Alonso
  • O primeiro premio, que será o cartel anunciador do Folión de carros 2026, foi para o traballo presentado por Noemí Cortiñas López.

Os diplomas e trofeos conmemorativos ás alumnas premiadas foron entregados por Manuel Vázquez Regal, presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión; Iria Castro Fernández, deputada de cultura da Deputación de Lugo; Manuel Diéguez Carballo, tenente de alcalde de Chantada; e Javier Conde Vázquez, director do IES Lama das Quendas. Todas as obras feitas polo alumnado estarán expostas no mes de agosto na Casa da Cultura de Chantada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...