HomesociedadeA colleita da D.O. Ribeira Sacra, dous anos consecutivos sendo Excelente

A colleita da D.O. Ribeira Sacra, dous anos consecutivos sendo Excelente

Este venres, 22 de febreiro, celebrouse no Centro Sociocultural de Paradela, a Cata de Cualificación da colleita 2018 na D.O. Ribeira Sacra, co obxectivo de establecer unha valoración media desta última colleita.

Publicado o

- Advertisement -

O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras doSil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa no mercado, para ter un abano diverso, co obxectivo de determinar unha calidade media dos viños, que resultou ser EXCELENTE, cunha puntuación de 8.1.

Integraban o panel de cata:

  • Antonio Raluy,membro da Asociación Galega de Catadores
  • Mateo Seoane Corral, membro da Asociación Sumilleres de Gallaecia
  • Argimiro Levoso Touceda, membro da Asociación Galega de Enólogos
  • Jesús Rodríguez Carreiras, membro da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo “IES Sanxiallo”
  • Alfonso Losada Quiroga,experto en Análise Sensorial de Viños
  • Francisco Javier Rodríguez Medela, membro do panel del cata del C.R.D.O.R.S.
  • José María Martínez Alonso,membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • José María Martínez Matos, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Juan Angel Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Xesús Verao Pérez,membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

Antonio Raluy, da Asociación Galega de Catadores, destacaba, “Son viños sorprendentes, no sentido que notabas una estrutura e un frescor, a estas alturas do ano, moi interesantes. Dá a impresión de que nos vai a levar a unha anada para gozar. Esa frescura adiántanos un ano esperanzador.”

Alfonso Losada, do panel de cata do C.R.D.O.R.S.apuntaba, “Foi un ano no que houbo enfermidades criptogámicasdo viñedo, pero a colleitaque se conservou, madurou moi ben nas últimas etapas e fai que deamos esta puntuación de EXCELENTE”.

Mateo Seoane Corral, da Asociación Sumilleres de Gallaecia, sinalaba, “apréciase a variedade, o frescor, o potencial que ten a Denominación de Orixe. Unha calidade, que se nos remontamos a hai 10 anos, vese que a evolución é moi positiva. Todos os viños de Ribeira Sacra teñen esa froita e esa frescura propia dos chans onde nacen, a orografía, a climatoloxía… Son viños que non están pasados de grao alcólico, teñen esa punta de acidez que os diferenza do resto de viños do panorama nacional.”

Xesús Verao Pérez, do panel de cata do C.R.D.O.R.S. destacaba “Son viños, que a estas alturas do ano están moi equilibrados, cun taninoao que se lle ve maduración e en nariz véselles frescura, agradables, na liña que está a Denominación, ultimamente.”

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar os consumidores sobre a calidade dos viños que se van a atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, agás no 2000, o ano pasado e este, que foron “EXCELENTES”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...