HomesociedadeMonforte conmemora o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+

Monforte conmemora o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+

Este 28 de xuño celébrase o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBIQ+ que se celebra este domingo, 28 de xuño. Como en pasadas edicións, colócase nos balcóns da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo da comunidade LGTBIQ+.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os balcóns da Casa Consistorial están decorados desde o pasado día 23 coa bandeira símbolo de liberdade, diversidade e dereitos, que representa a todas as persoas que durante décadas loitaron para que hoxe a sociedade sexa mais xusta. Ademáis desta iniciativa, levarase a pleno o próximo luns 29 de xuño unha Declaración Institucional co motivo do Día Internacional do Orgullo, como reafirmación do compromiso institucional do Concello de Monforte coa igualdade efectiva e o respecto á diversidade afectivo-sexual.

As bandeiras permanecerán penduradas ata o martes 30 de xuño. Con todo o Concello de Monforte manifesta o seu compromiso pola igualdade, a liberdade e a diversidade e o seu rexeitamento ás discriminacións dirixidas a calquera persoa pola súa condición sexual, “No noso concello non ten cabida a LGTBIfobia, sendo unha obriga de todas as institucións a defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+”.

Desde o equipo de goberno aseguran que, “É fundamental afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual, a través de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza e de actos simbólicos coma os que celebramos”.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...