Homesociedade“Oportunidades de negocio no rural”, tema a debate este 29 de xuño...

“Oportunidades de negocio no rural”, tema a debate este 29 de xuño no Centro do Viño da Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este luns, 29 de xuño, desde as 19.30h unha mesa redonda titulada “Oportunidades de negocio no rural”. A cita organizada pola Asociación Semente de Monforte está aberta a todas as persoas interesadas cun especial chamamento a empresas e emprendedores/as que queiran coñecer máis sobre as pontencialidades do territorio para emprender.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta mesa redonda pon tamén o peche ao Bono de Asesoramento do que este ano se puideron beneficiar, grazas á colaboración da AGADER, os proxectos finalistas das XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Así na mesa redonda intervirán:

  • Mª Paz Rodríguez, Directora Xeral AGADER
  • Jesús Díaz de Ensácrate (premio Concurso Semente Ribeira Sacra)
  • José Pino de LamasDulce (premio Concurso Semente Ribeira Sacra)
  • Xosé Lois Lamazares de Galletas Daveiga
  • María Xosé Senra de Pensos Senra
  • Javier Germande de Eosa (empresa que impartiu o Bono de Asesoramento)

Co Bono de Asesoramento o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra daba un paso máis para fortalecer a viabilidade e sostibilidade dos proxectos finalistas a través dun acompañamento especializado. A cita deste luns coa que se clausura o bono servirá tamén para compartir novas solucións aos retos para emprender en territorios rurais.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...