HomesociedadeBonificación do 50% do ICIO na licenza concedida a Prodeme para contruír...

Bonificación do 50% do ICIO na licenza concedida a Prodeme para contruír en Monforte un centro residencial de persoas con discapacidade

O pleno de Monforte aprobou este luns o recoñecemento dunha bonificación do 50% sobre a cota do Imposto de sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), por tratarse dun proxecto de “especial interese e utilidade municipal” polos seus “evidentes beneficios sociais e pola súa contribución á dinamización de emprego no municipio”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión da licenza para unha edificación con 34 apartamentos tutelados e un total de 128 prazas residenciais para persoas con discapacidade, así como a cota do imposto do ICIO, que ascende a un total de 77.612,57 euros, contía que será bonificada polo Concello nun 50%, reducíndose á metade.

Esta exención tributaria foi aprobada por unanimidade este mesmo luns na sesión ordinaria do pleno correspondente ao mes de xuño, na que se declarou o “especial interese e utilidade municipal” do proxecto presentado pola Asociación Prodeme para a construción de vivendas residenciais para persoas con discapacidade intelectual, trastorno dual el persoas maiores, polos seus “evidentes beneficios sociais e pola súa contribución á dinamización de emprego no municipio”, tal e como recolle o acordo.

O edificio previsto está situada na rúa Ourense, nas parcelas 172-184. Consta de planta baixa e entreplanta destinadas a zonas comúns, e 5 plantas altas destinadas á vivendas tuteladas. A posta en marcha deste centro suporá a contratación de psicólogos, educadores sociais, persoal de enfermería, coidadores, persoal de mantemento, entre outros. Ademais, será un punto de dinamización do comercio local e de proximidade, xa que a maior parte dos seus provedores serán do municipio.

“Coa bonificación no ICIO damos facilidades a un proxecto que favorece o arraigo destas persoas no noso municipio, ao tempo que apoiamos unha iniciativa que ademais de impacto social ten impacto na economía local, xa que suporá a creación directa de postos de traballo coa contratación do persoal encargado da atención e mantemento do centro”, indica o rexedor.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...