HomesociedadeO Incio tamén presenta a súa 'axenda de lecer' para o verán

O Incio tamén presenta a súa ‘axenda de lecer’ para o verán

O programa contempla actividades para todos os públicos do 22 de xullo ao 26 de agosto, salientando a celebración da Feira de Artesanía como evento máis relevante.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Concello do Incio vén de anunciar a súa variada programación de actividades para este verán, con propostas na liña de anos anteriores e para todas as idades. Desenvolveranse os meses de xullo e agosto, todas ao aire libre e tendo como escenario a Praza do Concello.

AXENDA DE ACTIVIDADES

22 de xullo. Espectáculo ‘Aló de onde eu veño’, de Caxoto, para público adulto. Ás 21:00 h

Caxoto Contacontos. Foto: ANPA CEIP Currelos

29 de xullo. Concerto de ‘Algo pasa con Mery’. Ás 21:00 h

5 de agosto. ‘Montamos a praia no Incio’. ás 17:00 h

13 de agosto. ‘Espectáculo de Don Gelati’, maxia para público familiar. Ás 20:00 h

22 de agosto. Feira de Artesanía e Produtos da Terra (adiantarase o programa completo en vindeiras datas).

26 de agosto, ás 22:00 horas, espectáculo de lume ‘Forza ígnea’ a cargo da Compaía Asacocirco.

Desde o Goberno local animan a participar nas propostas deseñadas para todos os públicos e idades.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...