HomesociedadeMonforte adxudica por 120.000€ a reforma do edificio municipal de Duquesa de...

Monforte adxudica por 120.000€ a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

Adxudicáronse tamén as obras de mellora da pavimentación da Avenida de Galicia-Rúa Chantada e da Rúa Vigo, por un importe conxunto de 245.133,9€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local, na sesión deste luns, 13 de xullo, deu luz verde á adxudicación dos dous primeiros proxectos que afectan á Avenida de Galicia-Rúa Chantada, unha das principais arterias de comunicación da cidade, e á Rúa Vigo, que vai mellorar notablemente a seguridade viaria no barrio do Casar. Nos dous casos, o prazo de execución dos traballos é de 1 mes desde a sinatura da acta de comprobación e reformulo.

A intervención na AVENIDA DE GALICIA-RÚA CHANTADA adxudicouse por un importe de 142.888,90€ IVE incluído, á empresa OVISA Pavimentos y Obras SLU, e un prazo de execución das obras de 1 mes desde a sinatura da acta de comprobación e reformulo. A actuación esténdese desde o cruce coa rúa Cardenal ata a Rotonda do Hórreo. A lonxitude total da vía na que se vai actuar é de 1.020 m, cun ancho medio de 8,25 me unha superficie total de 8.415 m².

Plano rúa Chantada / Concello de Monforte

Esta rúa forma parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte, logo da recente cesión da titularidade por parte da Xunta de Galicia, publicada no DOG o pasado 22 de febreiro. Os traballos previstos consisten no fresado completo do firme actual da vía, colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e, por último, pintado de marcas viarias, símbolos e cebreados.

No caso da RÚA VIGO, a adxudicación aprobouse por un importe de 102.245 € IVE incluído á empresa OVISA Pavimentos y Obras SLU e un prazo de execución das obras de 1 mes desde a sinatura da correspondente acta de comprobación e reformulo. A actuación contempla a renovación do firme desde o cruce coa estrada da Vide ata o final do barrio do Casar, incluíndo a reparación de cortes existentes debido ás obras ou avarías da auga, así como a correcta sinalización en toda a rúa. As obras proxectadas consisten na rexeneración do firme nunha lonxitude de vía de 605 m, cun ancho medio de 10,36 m, e unha superficie total de 6.270 m².

Reforma e ampliación do edificio municipal da Rúa Duquesa, número 13

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a adxudicación das obras de Reforma e Ampliación do edificio municipal da Rúa Duquesa, número 13, por un importe de 120.572,54€ á empresa José Paulo Carvalho Vasconcelos, e un prazo de execución de 4 meses desde a sinatura da acta de comprobación e reformulo.

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte e está destinado na actualidade a diferentes servizos e locais da Administración municipal, dotado con almacéns, vestiarios e zonas de aseo moi empregadas polos traballadores. En concreto, alberga unha oficina e almacén de Protección Civil, locais do persoal de obras, medio ambiente e electricistas, ademais de diversos almacéns para todo tipo de material, aseos e un garaxe para vehículos municipais. Todo distribuído nunha edificación con planta baixa e entreplanta moi utilizada polos traballadores municipais

O obxectivo é acondicionar o inmoble para conseguir instalacións novas que melloren a accesibilidade, funcionalidade e confortabilidade. Con este fin, o proxecto contempla a ampliación da nave na parte posterior da edificación, o lixado e pintado da estrutura metálica existente, pintura epoxi no piso da nave e da zona ampliada, pintado de liñas de aparcamento e símbolos, execución dunha nova escaleira no local de electricidade, reposición da carpintería de alumnio sen RPT, colocación de porta de aceiro, realización de armario e recolocación da porta existente.

Os traballos previstos inclúen, ademais, o esmaltado das portas en superficies metálicas e de madeira, colocación de barandilla de aluminio e aceiro inoxidable, así como de falso teito suspendido ou desmontable, solado de gres ou tarima, entablado de madeira de castiñeiro, pintado en paredes e teitos e outras reparacións, ademais de limpeza de todo o edificio e colocación de mobiliario. A reforma complétase coa instalación de paneis solares fotovoltaicos e un punto de recarga para vehículos eléctricos.

Esta actuación, subliña o alcalde, José Tomé, “suporá unha mellora significativa nun edificio moi utilizado por operarios municipais, que a partir da reforma poderán desenvolver o seu servizo con maior calidade”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...