O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo domingo, 19 de xullo, a partir das 21.00 horas, para ver a final da Copa Mundial de Fútbol 2026, na que xogarán a Selección Española e Arxentina.
O rexedor, José Tomé, asegura que “Monforte disporá dun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver o partido final do Campionato do Mundo”, e convida a toda a veciñanza a achegarse en familia ou con amigos para desfrutar dunha final histórica.
O alcalde espera que se poida repetir a vitoria “que xa celebramos cunha pantalla xigante na final da Eurocopa en xullo de 2024”.

