Homesociedade'Apreta o verán' e o comercio asociado de Chantada propón actividades para...

‘Apreta o verán’ e o comercio asociado de Chantada propón actividades para refrescarse

Este venres 17 de xullo o CCA Ribeira Sacra ten programadas diferentes actividades nas que a música e a auga serán protagonistas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O CCA Ribeira Sacra de Chantada organiza unha nova acción dinamizadora do comercio local propoñendo á veciñanza e visitantes que merquen no comercio local para despois gozar dunha chea de propostas de lecer na contorna das piscinas municipais e polas rúas da propia vila.

Os comercios asociados ofrecerán grandes descontos durante o horario habitual do venres 17 de xullo. Cos tikets de compra deste día ou dos días 15 e 16 poderán acceder a todas as actividades que están programadas.

AXENDA DE ACTIVIDADES

Durante a xornada haberá pasarrúas musical pola vila de 11:30 a 14:00 h pola mañá, e de 18:00 a 20:00 h. en horario de tarde. ç

E na contorna das piscinas municipais, en horario de 16:30 a 19:30 h, ofreceranse para a rapazada as seguintes actividades de lecer:

-Tobogán acuático.

-Festa da escuma.

-Música e ambientación.

-Photocall.

Dende o CCA Ribeira Sacra animan a mercar, aproveitando os descontos que aplicará ás compras o comercio asociado, e gozar desta completa xornada que fará moi felices ás pequenas e aos pequenos da casa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...