HomesociedadePremio pola contribución á promoción da gastronomía galega ao proxecto de Méndez-Rojo

Premio pola contribución á promoción da gastronomía galega ao proxecto de Méndez-Rojo

Terriña S.L. é a sociedade que representa o proxecto Méndez-Rojo Familia Bodeguera, xunto con Vía Romana Adegas e Viñedos, e foi galardoada co “Premio á empresa que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos”.

Publicado o

- Advertisement -

O tribunal do galardón estivo formado por representantes do Concello de Lalín e representantes da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Clube Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, dos portavoces de Eurotoques en Galicia e dos representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.

O director xeral da empresa galardoa, Juan Luis Méndez sinala “Méndez-Rojo é unha homenaxe a Galicia, ás familias traballadoras, á agricultura e ao amor polo viño, un paso máis para acadar un soño. Queremos agradecer ó xurado que pensara en nós como unha empresa que promociona Galicia e os nosos viños no mundo, xa que esa foi e será a esencia da nosa familia adegueira dende os comezos”.

Méndez-Rojo é o legado dunha tradición familiar que comezou no 1940 e que hoxe conta con viños en todas as denominacións de orixe galegas.

 

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...