HomeDeportesQuiroga Bike Maraton incrementa desde o 31 de xullo a tarifa de...

Quiroga Bike Maraton incrementa desde o 31 de xullo a tarifa de inscrición

O concello de Quiroga acolle o 19 de setembro unha nova edición da Quiroga Bike Marathon, unha das probas de MTB de referencia no sur da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proba que volverá reunir numerosos participantes na contorna do Xeoparque Montañas do Courel, combinando deporte e natureza nun percorrido deseñado para desfrutar do mountain bike en estado puro, ten prazo aberto de inscrición.

As persoas que queiran participar poderán conseguir o seu dorsal ao prezo actual, 30,90 €,  ata o próximo 30 de xullo, antes do cambio de tarifa previsto para o día 31 de xullo, cando pasará a ser de 35,90 €. As inscricións están dispoñibles a través da páxina web oficial do evento: quirogabikemarathon.com

A edición 2026 contará novamente con dúas distancias adaptadas a diferentes niveis de preparación e experiencia:

    • Bike Marathon: 45 quilómetros e 1300 metros de desnivel positivo.

    • Bike Extreme: 65 quilómetros e 2300 metros de desnivel positivo.

Os dous percorridos atravesarán algúns dos carreiros e paisaxes máis representativas do Concello de Quiroga, incluíndo tramos técnicos, descensos e zonas rápidas que permitirán aos participantes desfrutar dunha experiencia completa de MTB. A proba poderá disputarse tanto de forma individual como por parellas e non será necesario dispoñer de licenza federativa para participar. Ademais, todos os rexistrados contarán con diferentes servizos incluídos na inscrición, como bolsa do corredor, seguro deportivo e cronometraxe con chip.

Como novidade, os participantes da proba entrarán no sorteo dun voo en parapente como acompañante sobre as impresionantes paisaxes de Quiroga. Para optar ao premio será preciso rematar a proba ciclista.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...