HomesociedadeO Quiroga Trail Challenge manda unha mensaxe de apoio á xente afectada...

O Quiroga Trail Challenge manda unha mensaxe de apoio á xente afectada polos lumes

A organización desta coñecida proba deportiva lembra os lumes do pasado ano no Concello de Quiroga e aproveita tamén para trasladar ánimo a quen hoxe está sufrindo por mor deles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando que se vén de presentar en Quiroga un novo mural, obra de Román Linacero e dedicado a Enrique e Isabel, veciños da aldea dos Albaredos que perderon a súa casa no incendio do pasado verán, o QTC (Quiroga Trail Challenge) fixa a súa mirada nos afectados deste ano.

Nun comunicado que fan a través das redes sociais, din: “Hoxe o noso pensamento está con todos os afectados polos incendios que están a arrasar España. Miles de persoas evacuadas, pobos enteiros ameazados, montes e fogares que desaparecen en horas. Sabemos o que é. Sabemos o que se sente. Quiroga viviu o seu propio incendio o verán pasado, e aínda levamos esas cicatrices“.

Despois de presentar o devandito mural en Quiroga, impulsado pola asociación local Quiroga en Marcha e que homenaxea “a quen perdeu todo e a quen loitou —bombeiros, brigadistas, voluntarios e veciños— para que o lume non se levase máis” a organización aproveita este momento para mandar apoio e ánimo a quen hoxe están a vivir o mesmo. En palabras deles “forza aos pobos afectados e forza a quen está en primeira liña apagando o lume. Este mural lémbranos que despois do lume quedan as cinzas de casas e bosques pero tamén queda un gran pesar no fondo dos corazóns. Coa xente, coa memoria e cos nosos bosques”.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...