HomesociedadeSentenza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, contra a empresa...

Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, contra a empresa FCC que xestiona a recollida de lixo en Monforte

O xulgado do Social número 1 de Lugo, vén de emitir sentenza contra a empresa F.C.C. Medio Ambiente (Recollida Limpeza do concello de Monforte) por vulneración de dereitos fundamentais a un traballador.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lemos valora positivamente esta sentenza que considera exemplar, “por imputacións falsas por parte de FCC que conlevan a suspensión de emprego e soldo dun traballador durante 30 días”.

Segundo informa o sindicato, tiñan advertido ao xefe de servizo de FCC de que consideraban “fraude de lei, as falsas imputacións, como desobediencia, baixo rendemento e abandono de posto de traballo”.

CCOO advertiu que impugnaría perante o xulgado do Social o que consideraban unha discriminación, “como así quedou acreditada por parte do Señor Xuíz na sentenza ditada fai breves días. Desde a Secretaría de Acción Sindical advertimos á dirección de FCC que non aceptariamos nin discriminación nin represalias que tiveran como obxectivo amedrentar aos nosos afiliados e dar un escarmento ao persoal”.

Segundo o sindicato, contan coa maior afiliación na zona sur e co 100% de representantes do Comité de Empresa “polo que non imos permitir, ningún tipo de vulneracion do convenio e dos dereitos dos traballadores”, conclúen.

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...