Homesociedade49 persoas contratadas no sur da provincia para a prevención de incendios

49 persoas contratadas no sur da provincia para a prevención de incendios

A Xunta destina algo máis de 852.000 euros a colaborar cos concellos da Zona Sur da provincia de Lugo na contratación de 49 persoas traballadoras ao abeiro do programa 'Galicia Suma Talento: Rural Activo'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territoria, Alfonso Villares, visitou este xoves, 30 de xullo, o municipio de Sober para coñecer os labores que desenvolven as cinco persoas contratadas pola entidade local. O delegado estivo acompañado polo alcalde, Luis Fernández Guitián. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración apoia a contratación de persoal durante nove meses a xornada completa para realizar tarefas de prevención de incendios.

En canto á distribución nas comarcas de Chantada, Terra de Lemos e Quiroga, os concellos do Saviñao e Quiroga incorporan seis traballadores, respectivamente; Sober e Monforte de Lemos cinco; Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Pantón catro; e Carballedo, Taboada, A Pobra do Brollón, Chantada e Bóveda tres cada un.

A convocatoria recolle a realización de tarefas relacionadas coa planificación preventiva, a silvicultura, a limpeza de montes, a valorización forestal e a xestión da biomasa. A medida cumpre así un dobre obxectivo, xa que ofrece oportunidades laborais ás persoas desempregadas ao tempo que reforza a prevención de incendios e a conservación do medio rural.

‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’, novidades

A orde de axudas de ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’ incorpora novidades este ano para reforzar a eficacia das actuacións preventivas. Entre elas destaca a creación da figura da persoa coordinadora municipal de prevención de incendios, destinada aos concellos adheridos ao convenio de colaboración entre a Xunta e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. Estes municipios tiveron a posibilidade de contar cun contrato adicional para coordinar os equipos de traballo e planificar as actuacións dacordo coa estratexia autonómica.

Ademais, por primeira vez garantiuse aos concellos afectados polos grandes incendios forestais e aos adheridos a este convenio o mesmo número de contratacións que na convocatoria anterior. Tamén se incrementaron os apoios para os municipios con máis de 1.500 hectáreas de redes secundarias de franxas de xestión de biomasa.

O apoio da Xunta complétase cunha formación específica para as persoas coordinadoras en materias relacionadas coa prevención de incendios, o uso de maquinaria e ferramentas forestais e a seguridade no desempeño das súas funcións.

Aprol Sober / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...