HomeCulturaVerbena Fest no Meigallo de Sarria este 31 de xullo e 1...

Verbena Fest no Meigallo de Sarria este 31 de xullo e 1 de agosto

9 Louro, Fillas de Cassandra, Monoulious DOP, Cora Yako, Portosanto, Lumedoloop, Saha&Ryu,Taín e Grande Osso conforman o cartel da oitava edición do festival, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que se celebrará este venres 31 de xullo e sábado 1 de agosto no Meigallo, en Sarria, presentábase esta mesma semana contando coa participación do vicepresidente da Deputación.

Efrén Castro destacou a importancia do Festival, “unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo e hosteleiro de Sarria, que enche a vila de actividade musical e cultural” e encadrou a colaboración co festival “no apoio que as áreas da Vicepresidencia ofrecen ao tecido asociativo, ao tempo que se impulsa a presenza de bandas galegas en festivais e citas musicais en todo o territorio”.

A Terraza do Meigallo contará cun espazo de venda de artesanía e merchandasing para recadar fondos para axuda directa a Gaza.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...