HomesociedadeGymkhana e Barco Pirata, vindeiras atraccións que ofrece o CCU de Monforte

Gymkhana e Barco Pirata, vindeiras atraccións que ofrece o CCU de Monforte

Estas propostas de verán que ofrece o comercio asociado da cidade do Cabe estarán dispoñibles na Praza da Compañía os días 20, 21 e 22 para aquelas persoas que merquen nos establecementos adheridos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O CCU de Monforte anuncia para este mes de agosto a chegada da xa coñecida Gymkhana, que nesta ocasión estará acompañada dun atractivo e divertido Barco Pirata inchable para os máis pequenos da familia. Poderase gozar destas dúas atraccións os días 20, 21 e 22 de agosto, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

A Gymkhana xigante conta con máis de 75 metros de percorrido con atrancos, saltos, túneles, ramplas e diferentes desafíos que poñerán a proba a habilidade, o equilibrio e a resistencia das persoas participantes. Estará dirixida tanto a persoas adultas como a nenos e nenas a partir de aproximadamente 5 anos, sempre en función da súa constitución física. Deste xeito, a actividade preséntase como un reto para participantes de diferentes idades e non unicamente como unha proposta infantil.

Os nenos e nenas de menor idade tamén poderán vivir a súa propia aventura nun divertido Barco Pirata inchable, equipado con zona de salto, obstáculos, escaleira e tobogán. Esta actividade estará especialmente pensada para menores desde os 2 anos e para aqueles que aínda non poidan participar na Gymkhana principal.

PARA GOZAR DAS ATRACCIÓNS

O prezo xeral dun acceso a calquera das dúas actividades será de 15 euros. Porén, as persoas que presenten unha das entradas distribuídas polos establecementos asociados ao CCU poderán acceder realizando unicamente unha doazón simbólica de 1 euro. Para conseguir estas entradas será necesario efectuar unha compra igual ou superior a 9 euros en calquera dos establecementos asociados. Cada compra dará dereito a unha única entrada, independentemente do seu importe, e cada entrada permitirá realizar un acceso a unha das dúas actividades: a Gymkhana ou o Barco Pirata.

14.000 ENTRADAS NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

Cada negocio contará con 100 entradas, que poderán conseguirse desde o próximo 1 de agosto e ata esgotar existencias. Debido a que o número de entradas é limitado, desde a organización recoméndase ás persoas interesadas que as soliciten ao realizar as súas compras e que consulten previamente a súa dispoñibilidade. Se se esgotasen no seu establecemento habitual, poderán conseguilas comprando en calquera dos máis de 140 negocios asociados, pertencentes a sectores como moda, alimentación, calzado, xoiería, librarías, restauración, estética ou servizos, entre outros.

Os establecementos asociados poderán identificarse mediante a cartelería oficial da campaña e tamén consultando o directorio dispoñible na páxina web do CCU. As dúas actividades contarán con capacidade limitada e estarán supervisadas por un equipo profesional de monitores, encargado de garantir o seu correcto funcionamento e a seguridade das persoas participantes.

A actividade está organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...