HomesociedadeO IES A Pinguela homenaxea ao seu director Enrique Sampil pola súa...

O IES A Pinguela homenaxea ao seu director Enrique Sampil pola súa xubilación

No IES A Pinguela veñen de organizar un acto cheo de sorpresas e de afecto ó que foi seu profesor da familia de Administrativo desde que se inaugurou en 1983 e director do centro durante os últimos 26 anos, Enrique Sampil, con motivo da súa xubilación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director, Enrique Sampil, deu as gracias a todos os que lle fixeron chegar o seu recoñecemento e amizade, ó alumnado no que quixo enfocar directa ou indirectamente os esforzos do instituto, ós responsables das políticas educativas da Xunta de Galicia e ó persoal docente e non docente que nestes anos colaborou con seus distintos equipos directivos “en abrir portas ós alumnos que quixemos formar para que fosen cidadáns máis felices, máis sabios e cun mellor futuro, e tamén en facer un instituto mellor”.

O acto rematou cun xantar de confraternidade. En setembro comeza o curso cunha nova dirección, “comprometida e capaz, á que felicitamos polo seu compromiso en tentar de facer un centro aínda mellor”, apuntan desde o centro de ensino.

    ÚLTIMAS

    Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

    O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

    Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

    O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

    A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

    A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

    O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

    Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...