HomesociedadeFestas de Verán e XXXIV Mostra do Mel de Quiroga

Festas de Verán e XXXIV Mostra do Mel de Quiroga

O Concello de Quiroga presenta un cartel cheo de música no que destacan un tributo a ABBA, os concertos dos grupos galegos De Vacas e Gin Toni’s, e as actuacións do grupo América e a Orquestra Panorama. Tamén se inclúe no programa de festas a celebración da Mostra de Mel o día 10 cadrando coa feira grande de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 6 de agosto comezarán as festas de verán no Concello de Quiroga, celebración que se alongará ata o día 10 coa XXXIV Mostra de Mel. Nesta data terá lugar a 2ª Andaina Nocturna Solidaria a partir das dez da noite e ao seu remate poderase gozar co concerto do Grupo América. Esta histórica formación, que celebra o seu 50 aniversario, destaca por levar o rock and roll e os grandes éxitos internacionais e en galego ás festas populares de Galicia.

O venres 7 a música correrá a cargo da Disco Móbil EME Music e o día 8 chega unha xornada máis completa de actividades con opcións para todas as idades. Pola mañá, sesión vermú musical na praza Rúa Lago, e ás 20:30 h. Show de Fifo a cargo de Troula Animación no anfiteatro da praza do Auditorio. Un espectáculo con moito divertimento e interacción no que non faltarán a música, os bailes, gags cómicos, e moito máis…

Pola noite a cita musical será co grupo galego De Vacas e un Tributo a ABBA. De Vacas trae a Quiroga o seu espectáculo Revovina Divas Live, un espectáculo musical no que a emoción, a crítica, o humor e a retranca son os protagonistas. Este cuarteto musical que actuará na praza da rúa Lago ás once da noite, versiona en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato moi divertido.

Pasada a media noite chega á rúa Real o tributo a ABBA, un espectacular tributo á banda sueca que repasa as cancións que durante unha década coparon os primeiros postos nas listas de éxitos.

Os Gin Toni’s. Foto: Musicsoft

E chegamos ao domingo 9, xornada na que haberá un novo espectáculo para o público familiar no anfiteatro da praza do Auditorio, Será ás oito do serán coa Banda do Verán, un proxecto musical e teatral en galego dirixido a nenas e nenos, protagonizado polo artista Xoán Curiel. Unha mestura de contacontos, música en directo con varios estilos (pop, rock, reggae, tradicional), danza e clown para facer participar de forma moi divertida a toda a familia. Unha hora máis tarde chega a praza da rúa Lago A Banda da Balbina, formación que canta e conta historias que nacen no rural con personaxes extraordinariamente cotiás, música e letras orixinais e 100% en lingua galega, cunha mestura de ritmos festeiros e a retranca propia de Galicia.

Como fin de festa para o domingo haberá sesión de fogos artificiais ás 22:30 h na Praza de España, e a continuación concerto dos Gintoni’s.

XXXIV MOSTRA DE MEL

O luns 10 de agosto celebrarase a XXXIV Mostra do Mel de Quiroga. A apertura do recinto feiral, situado na Rúa Real, será ás once da mañá con alborada a cargo do grupo tradicional local O Recanto e acollerá 5 postos que expoñerán e venderán mel de magnífica calidade que se produce nas distintas zonas do concello. Os produtores participantes este ano son A Varrosa, Caurelor, Pedro Soto, Manuel Macía e Mari Carmen Macía.

Mostra de Mel, Produtor Manuel Macía / XdL 

Nesta xornada está programada unha sesión vermú musical con Jorge Ferre, a voz máis recoñecida da verbena galega que formou parte de orquestras como Panorama, Cinema, Olimpus ou Garibaldi. E para a noite, como peche das festas de verán, verbena coa orquestra Panorama dentro da súa xira Time Tour 2026.

ÚLTIMAS

A posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o alcalde de Bóveda e o director de AGACAL

Durante o encontro abordouse a importancia de seguir avanzando na valorización das producións agroalimentarias,...

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto,...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo...

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María...