HomesociedadeO paro aumenta en xullo na zona centro sur da provincia, destaca...

O paro aumenta en xullo na zona centro sur da provincia, destaca Sarria con 24 parados máis

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO valora positivamente os datos do paro do mes de xullo, xa que son os mellores dun mes de xullo desde o ano 2007. En todo caso na zona centro sur o paro aumentou en 34 persoas con respecto ao mes anterior

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os datos para o total da zona centro sur son de 2.481 persoas en paro, aumentando en 39 con respecto ao mes anterior. Na comarca de Lemos aumentou o paro en 10 persoas notándose os datos de Monforte que aumentou en 6. Os mellores datos nesta comarca déronse no municipio de Pantón que baixou en 7 persoas e Sober que diminuíu nunha persoa. Por concellos os datos son os seguintes:

Paro na Comarca de Lemos no mes de xullo: 1228 (+10)

  • A Pobra do Brollón: 55 (+6)
  • Bóveda: 38 (+2)
  • Monforte de Lemos: 907 (+6)
  • Pantón: 72 (-7)
  • O Saviñao: 113(+4)
  • Sober: 43 (-1)

Paro na Comarca de Quiroga no mes de xullo: 172 (- 8)

  • Quiroga: 120 (=)
  • Ribas de Sil: 31 (-2)
  • Folgoso do Courtel: 21 (-6)

Paro na Comarca de Chantada no mes de xullo: 412 (+8)

  • Taboada: 56 (+1)
  • Chantada: 309 (+2)
  • Carballedo 47 (+1)

Paro na Comarca de Sarria no mes de xullo: 669 (+29)

  • O Incio: 30 (-5)
  • Lancara: 63(+7)
  • Paradela: 13 (-1)
  • O Páramo: 23 (+3)
  • Samos: 24 (+3)
  • Sarria: 506 (+24)
  • Triacastela: 10 (-2)

Desde o sindicato ven con preocupación o aumento significativo do paro en Sarria, con 24 persoas paradas máis, “sendo os peores datos dos 19 concellos das comarcas do Centro Sur da provincia. Vemos un estancamento da vila de Sarria e unha falta de dinamismo na creación de emprego”.

CCOO anuncia que ten denunciado ante Inspección “as xornadas maratonianas nos sectores agrogandeiro e hostalería con xornadas de 14 horas, que nin se lles pagan nin os traballadores desfrutan do descanso compensatorio”.

O sindicato lanza unha mensaxe de optimismo ás persoas maiores, “as súas pensións están cada mes que pasa máis seguras que nunca. Desde a regulación que aprobou o goberno aumentaron os cotizantes á seguridade social en apenas 3 meses un 64%”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...