HomesociedadeO Esmorga Fest convértese en 'Esmorga Total' para celebrar o día do...

O Esmorga Fest convértese en ‘Esmorga Total’ para celebrar o día do Eclipse en Sarria

A iniciativa nace co obxectivo de ofrecer unha experiencia aberta a toda a cidadanía, combinando música en directo, gastronomía e actividades para todas as idades nun enclave privilexiado para desfrutar deste fenómeno astronómico, o Monte de San Marco.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Esmorga Fest e o Concello de Sarria organizarán conxuntamente o ‘Esmorga Total’. Trátase dun programa de concertos e actividades programadas para o vindeiro 12 de agosto co obxectivo de ter unha completa xornada de festa no Monte de San Marco ante a esperado acontecemento da eclipse solar. O evento será de acceso gratuíto e comezará ás 12.00 horas cunha sesión vermú, dando paso a unha xornada musical que se prolongará ata a noite.

MÚSICA, GASTRONOMÍA E ACTIVIDADES

O cartel musical estará encabezado por Eris Mackenzie, un dos artistas galegos con maior proxección do momento. Xunto a el actuarán Peitoescuro, Axeigo, Axiom Band e as agrupacións sarriás Meigas e Trasgos e Peleriños, conformando unha programación que combina diferentes estilos musicais e pon en valor tanto o talento galego como o local.

A oferta gastronómica correrá a cargo do Restaurante O Meigallo, establecemento que instalará unha zona de restauración con polbo, churrasco, hamburguesas, bocadillos e outras propostas para que o público poida gozar da xornada sen necesidade de abandonar o recinto. Tamén haberá actividades para a cativada, así como aseos e diferentes espazos acondicionados para a comodidade da xente asistente ao evento.

ENCLAVE ESCOLLIDO E ACCESIBILIDADE

“O Monte de Santo Marco foi o lugar elixido para celebrar Esmorga Total polas súas excelentes condicións para a observación do ceo e por tratarse dun dos miradoiros naturais máis emblemáticos do municipio”, comentan dende a organización ao tempo que lembran da importancia de “utilizar lentes homologadas para a observación solar para desfrutar da eclipse con total seguridade”.

Para facilitar o acceso e a mobilidade, o Concello de Sarria habilitará un servizo gratuíto de autobuses lanzadeira. Estes comezarán a funcionar a partir das 13.00 horas, realizando conexións continuas entre o centro urbano e o Monte de Santo Marco durante toda a tarde.

Esta iniciativa está organizada por Comeprima Producciones e o Concello de Sarria, contando co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, a través do programa Xacobeo 2027.

Finalmente, refiren dende o concello que, “a Festa da Eclipse nace coa vontade de converter San Marco nun espazo de encontro para vivir un acontecemento astronómico único, promovendo a divulgación científica, a cultura e a posta en valor do patrimonio natural e histórico de Sarria e de Galicia”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...