HomesociedadeChantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Dentro da programación astroturística que vén desenvolvendo o Concello de Chantada como Municipio Srtarlight, o Auditorio Municipal acolleu unha charla divulgativa sobre a eclipse solar que foi seguida por gran número de público interesado en coñecer máis sobre o fenómeno que se vivirá o 12 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María Almuíña do Centro Óptico Teresa Feás. No Concello de Chantada o proceso da eclipse comezará as 19:32h, alcanzando o seu punto de totalidade ás 20:29h e finalizando ás 21:22h. Durante a totalidade, o sol atoparase a unha altitude de 11° e unha posición de 280° oeste.

Para observar a eclipse solar de forma segura, é obrigatorio utilizar lentes certificadas baixo a norma internacional ISO 12312-2. Recoméndase antes de poñelas, comprobar que o material non teña danos e facer unha proba práctica de seguridade antes do evento. As gafas de protección colocaranse sempre antes de mirar a eclipse e nunca se debe mirar a través de cámaras ou telescopios sen filtros específicos.

Para gozar da eclipse no concello de Chantada identificáronse varias localizacións recomendadas que se recollen, xunto con outros detalles de interese,no cartel informativo que divulga o Concello de Chantada. Localizacións recomendadas para a observación :

  • No centro urbano suxírense o Parque Eloísa Rivadulla, o Mercado Gandeiro, a zona do Muíño da Alameda e o Parque das Piscinas.
  • No resto do municipio todas as zonas con vistas despexadas cara o Faro, ademais do propio Monte Faro. Propóñense tamén localizacións en Pedrafita, Veiga e Mariz.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, fai un chamamento á responsabilidade na xornada da eclipse total de sol do 12 de agosto, “insistir na importancia de cumprir as normas de seguridade tanto para a observación do evento como á hora dos desprazamentos ou nas localizacións elexidas. O obxectivo é que poidamos desfrutar desta eclipse única con todas as garantías para a nosa seguridade”. Tamén se recorda desde o concello a importancia de ter localizado previamente o lugar desde o que veremos a eclipse e procurar evitar aglomeracións distribuíndose polos distintos puntos de boa observación cos que se conta no municipio. A este respecto o concello de Chantada en colaboración coa Subdelegación do Goberno, establece dispositivos de seguridade na vila e no Monte do Faro.

Despois da eclipse, a programación astroturística segue no Concello de Chantada co curso de astrofotografía que promove a Oficina Municipal de Turismo para o 4 de setembro. O 13 de agosto ábrese o prazo de inscrición no correo electrónico turismo@concellodechantada.org.

ÚLTIMAS

A conselleira de Medio Rural visita a vendima heroica da Ribeira Sacra e felicita os recoñecementos internacionais

A titular de Medio Rural sinalou que a calidade e a vinculación co territorio...

O PP de Monforte presenta unha moción na que insta ao Ministerio de Transportes e a Adif a recuperar as frecuencias ferroviarias perdidas

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno unha moción na que insta ao...

A III Xornada da Memoria honra a “O Pequeniño do Incio”

Coincidindo co 90 aniversario da captura e fusilamento de Manuel Díaz González, coñecido como...

Ruta pola Quiroga literaria de Ánxel Fole e Uxío Novoneyra

A Fundación Uxío Novoneyra convida a participar o sábado 19 de setembro nun percorrido...