HomesociedadeA posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o...

A posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o alcalde de Bóveda e o director de AGACAL

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, vén de manter unha reunión co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, para abordar novas vías de colaboración destinadas a poñer en valor o sector agroalimentario e aproveitar as oportunidades que ofrece para xerar actividade económica e emprego no territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o encontro abordouse a importancia de seguir avanzando na valorización das producións agroalimentarias, tendo na calidade diferenciada unha ferramenta estratéxica para incrementar o seu valor engadido, reforzar a súa vinculación coa orixe e favorecer que unha maior parte da riqueza que xeran permaneza no territorio.

Nesta liña, analizáronse posibilidades de colaboración que abranguen diferentes ámbitos da cadea de valor, desde a formación e a mellora das capacidades das persoas vinculadas ao sector ata a transformación e valorización das producións e a súa posterior promoción e achegamento aos consumidores.

No ámbito da promoción, avaliouse dar continuidade á cooperación na organización da próxima edición da Feira Outrora, unha cita que se celebra cada mes de xullo na localidade e que permite poñer en valor a gastronomía, as tradicións e os produtos agroalimentarios galegos. Precisamente, na edición deste ano desenvolvéronse diferentes accións de promoción e degustación de produtos amparados por selos de calidade diferenciada, achegando aos asistentes alimentos que ofrecen garantías de orixe, autenticidade e calidade.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...