HomesociedadeHonra da Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, nas Festas Patronais...

Honra da Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, nas Festas Patronais de Monforte

Os actos na honra da Virxe de Montserrat e a alborada dos grupos de música tradicional para celebrar o Día do Gaiteiro ocuparon a mañá do 15 de agosto. Para a tarde noite quedan na axenda de Festas Patronais de Monforte a Mostra de Danza e Música Tradicional, os concertos da Compañía e os Fogos Artificiais dende San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada polo Equipo de Goberno, membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e outras autoridades, partiu ás 10.30 horas desde a Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente do Pino acompañada polo Grupo de Gaitas da Escola Municipal de Monforte de Lemos.

Na igrexa de San Vicente do Pino, e tras a recepción da comitiva polo párroco D. Rafael, deu comezo a Eucaristía na honra da Virxe de Montserrat, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte. Despos tivo lugar a tradicional procesión e ofrenda floral á Virxe de Montserrat.

DÍA DO GAITEIRO E AXENDA PARA REMATAR O DÍA GRANDE

Nesta xornada do 15 de agosto celébrase tamén o tradicional Día do Gaiteiro con alboradas que sairon da Praza España e percorreron diferentes rúas da cidade. Este ano participaron Redegaita, Lemavos 1, O Cego da Veneira, Gaiteiros de Lemos, Os Triskeles, Os Xograres, Merenzao e Lemavos 2, con pasarrúas pola cidade desde as 11.30 horas. Pola tarde, ás 20.30 horas, terá lugar na Praza de España a Mostra de Danza e Música Tradicional.

E xa pola noite, concertos e fogos artificiais para rematar o sábado por todo o alto. Na praza da Compañía actuarán ás 22:30 h a banda de Rock monfortina Doc Magoo’s, ás 00:30 WALLS e ás 2:00 da madrugada o grupo indie, tamén monfortino, Malenne.

Os Fogos Artificiais dende San Vicente están programados para as 00:00 horas.

Doc Magoo’s no Festival de Anllo 2026. Foto: Concello de Sober.
Concerto Malenne Nadal 25-26 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...