HomesociedadeA 'Festa do Ouro' de Margaride chega á súa XIV edición

A ‘Festa do Ouro’ de Margaride chega á súa XIV edición

Será este sábado, 22 de agosto, na paraxe desta localidade quiroguesa coñecida como 'Os Medos', unha antiga explotación romana a ceo aberto. O programa da celebración combina cultura, gastronomía, xogos populares, actividades infantís e música.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Margaride volverá darlle protagonismo ás súas covas (antigas explotacións auríferas romanas), no lugar coñecido como ‘complexo aurífero do Medo’. Esta ubicación acollerá a ‘Festa do ouro’, un evento que organiza a Asociación de Veciños e Veciñas de Margaride e que lembra a pegada romana nas súas terras.

Esta romaría castrexo-romana, que alcanza este ano a súa XIV edición, xunta á veciñanza e visitantes con diferentes actividades e un xantar no que coinciden, “xuntos pero non revoltos”, castrexos e romanos. Na xornada festiva non falta a música, os xogos para todas as idades e o apartado divulgativo-cultural.

Xantar da Festa do Ouro (arquivo). Foto: XMF.
PROGRAMA 2026

Ás 11:30 h haberá unha Misa en latín e ás 12:00 h terá lugar a tradicional visita ás adegas de Margaride coa compañía musical da formación Aikirindo Gaitukada.

Despois, ás 14:00 h celebrarase o Xantar no campamento Castrexo e Romano que está nos Medos, lugar emblemático da celebración que mantén vestixios históricos así como tamén construcións elaboradas polos veciños que lembran o paso dos romanos por Margaride.

Ariete romano feito polos veciños. Foto: XMF.

Ás 17:30 h haberá unha actuación de maxia a cargo do Mago Castrexo Xulio Merino, e a continuación xogos entre castrexos e romanos. Un deles con moito tirón é o xogo da chave. Despos tamén se fará o esperado xogo para a cativada “na busca do ouro’.

Actuación infantil (arquivo). Foto: XMF.

18:30 h Conferencia nunha Cova dos Medos a cargo de Manuel Cao Rodríguez, mestre xubilado, escritor e divulgador natural e residente en San Clodio. O título da charla é “A chegada ao Lor do ferrocarril”.

Música con DJ Kola a partires das 20:00 h ata e ata as 22:00 h que será a cea no campamento para repoñer forzas.

Rematando a xornada festiva, ás 23:00 h. ‘Nox Terrorem’: rituais celtas con Rumoris Fabulam Veri (Lenda, fábula ou verdade), Rito da boa sorte, e Queimada para todos. Como fin de festa, ás 00.00 h volverá DJ Kola.

Cartel 14ª Festa do Ouro

ÚLTIMAS

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...