HomesociedadeA Praza da Compañía acolleu este xoves concerto de Bella Chaos e...

A Praza da Compañía acolleu este xoves concerto de Bella Chaos e Galga Blues Band

A Praza da Compañía de Monforte acolleu este xoves, 21 de agosto, dous novos concertos do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tralas actuacións dos grupos SEGUNDA PARTE e ROCKIN’KB na Praza de España o martes 18, e a de NECTARINE SOUL, na Praza da Estación o mércores 19, este xoves, o ciclo desprazouse ata a Praza da Compañía coa participación dos grupos GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS.

O alcalde José Tomé, que asistiu ás tres xornadas de concertos acompañado de outros membros do Equipo de Goberno, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público.

Galga Blues Band concerto Compañía / Concello de Monforte

Os concertos regresan a próxima semana con tres novas citas na Praza da Compañía, Praza da Estación e Praza de España:

MARTES 25 DE AGOSTO

  • 23:00h na Praza da Estación actuarán MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

  • 22:30h na Praza da Compañía concerto de DEUCE
  • 00:00h na Praza da Compañía corcerto de LOS JINETES DEL TRÓPICO 

XOVES 27 DE AGOSTO

  • 22:30h na Praza de España actuará 7 ROJO
  • 00:00h na Praza de España actuará EL MUNDO DE SOFÍA BAND 

Nectarine Soul na Praza da Estación / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...