HomesociedadeCos concertos do 26 e 27 de agosto rematan as actuacións dos...

Cos concertos do 26 e 27 de agosto rematan as actuacións dos grupos de Monforte este verán

A Praza da Estación de Monforte acolleu este martes unha nova actuación dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo de concertos que ten por obxectivo poñer en valor o talento local e levar a música en directo a diferentes espazos da cidade. Despois das actuacións da semana pasada cos grupos SEGUNDA PARTE, ROCKIN’KB, NECTARINE SOUL, GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS, a música en directo regresou esta semana.

Despois do concerto deste martes na Praza da Estación, este mércores 26 de agosto, actuarán na Praza da Compañía, Deuce, ás 22:30 horas, e Los Jinetes del Trópico, ás 00:00 horas. E este xoves péchase o ciclo na Praza de España coas actuacións de 7 Rojo ás 22:30 e ás 00:00 El Mundo de Sofía Band.

O alcalde, José Tomé, que asistiu a todas as actuacións acompañado doutros membros do Equipo de Goberno, “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

ÚLTIMAS

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con...

Perto dun milleiro de visitantes fixeron xa a senda divulgativa do Viveiro dos Trollos en Bóveda

A senda divulgativa do Viveiro Forestal dos Trollos poñíase en marcha no mes de...

Queixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a senda peonil de Monforte

As dúas formacións políticas manifestan a súa preocupación polo proxecto da nova senda peonil...

A asociación Xuntas polo territorio alerta da saturación enerxética en Chantada co parque eólico Monte Cabeza

A asociación Xuntas pola Defensa do Territorio formalizou no rexistro público as súas alegacións...