HomesociedadeBudiño actúa este 28 de agosto en Chantada, que pecha unhas "festas...

Budiño actúa este 28 de agosto en Chantada, que pecha unhas “festas extraodinarias a pesar das previsións de chuvia”

As propostas culturais relacionadas coa música seguen na actualidade do Concello de Chantada e este venres, 28 de agosto, actuará desde as 23:00h na Praza de Galicia, Xosé Manuel Budiño. O concerto de entrada libre e gratuíta está promovido pola Axencia Galega de Turismo na programación do Xacobeo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada celebrou entre o 20 ao 25 de agosto as súas Festas Patronais na honra á Virxe do Carmen, seis días de actividades que se viron ameazadas por previsións climatolóxicas adversas e que aínda así puideron celebrarse con gran participación de público.

“Despois das previsións de que podía chover nos últimos días das festas, terminamos tendo unhas festas extraordinarias cunha temperatura marabillosa. Estamos moi contentos, non só polas festas se non pola cantidade de xente que nos visitou durante o verán e aínda non rematou”, afirma o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Desde o Concello de Chantada destácase o éxito de todas as actividades que a climatoloxía permitiu celebrar, se ben dúas delas sufriron cambios por este motivo. O XXXV Certame de Bandas de Música do Concello de Chantada que tradicionalmente se celebra na Praza do Cantón, tivo que trasladarse ao Auditorio Municipal ante as advertencias climatolóxicas para o domingo, “as previsións eran de chuvia para a tarde e finalmente caeu pola noite”, explica o concelleiro de cultura, Manuel Diéguez Carballo, que pide tamén desculpas ás persoas que non puideron entrar no Auditorio ao completarse o aforo co cambio de localización.

As actividades infantís previstas para o luns pola tarde no Parque Eloísa Rivadulla tampouco se puideron levar a cabo e finalmente celebraranse este sábado, 29 de agosto, en horario de 17:00 a 20:00 na Praza do Cantón e na contorna da Casa da Cultura, contando con distintas atraccións de inchables.

Tamén na Praza do Cantón o sábado desde as 20:00h, unha vez que remate a festa infantil, dará comezo a última actividade do Verán Cultural no Concello de Chantada, o espectáculo de danza e acrobacias de Circanelo.

Fogos Chantada 2026 / Concello de Chantada

Coas actividades infantís complétase a programación dunhas festas nas que destaca o éxito do Folión de Carros, da Festa da Empanada, da sesión de fogos artificiais e dunha nova edición do festival de DJ´s, Ata o Chan, que se celebrou no venres das Festas.

O rexedor refírese así á calidade das orquestras e á cantidade de xente nas rúas e terrazas, Pasei por todas as orquestras, todas extraordinarias, houbo gran cantidade de xente. Nunca vin tanta xente na sesión de fogos, que este ano celebramos ao permitilo o clima,…unha cantidade de xente incríble. Nas terrazas e polas rúas atopábame con moita xente de aquí e de fóra, porque Chantada soa moito a queren vir aquí”.

Festa da Empanada 2026 / Concello de Chantada

Tamén destaca o alcalde a celebración da Festa da Empanada, que o pregoeiro deste ano, o escritor Xosé Miranda Ruíz, lembrou que levaba tanto tempo facéndose que non se sabía da orixe, “Cada vez gústame máis a Carballeira que se está facendo no San Lucas, mellorou desde que a mercamos. Este martes da empanada co aviso de chuvias moitos grupos non comeron no campo, pero si comezaron a vir depois das 15:00 e encheron o campo de troula. Xuntámonos un ano máis moitas familias e coñecidos”, explica o alcalde.

Este ano o servizo de autobuses para a Festa da Empanada funcionou con máis frecuencia e cada ano é utilizado por máis persoas. Desde a organización agradecen a colaboración con este servizo e anuncian que seguirán traballando para mellorar a hora de abandonar o campo do San Lucas.

Manuel Diéguez asegura que, “A empanada foi o colofón perfecto ás Patronais, moitos sumáronse á festa da tarde e a noite foi un éxito cunha orquestra que non coñeciamos, Funçao Públika, que ofreceu unha montaxe moi novidosa en Xoán XXIII”.

ÚLTIMAS

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con...

Perto dun milleiro de visitantes fixeron xa a senda divulgativa do Viveiro dos Trollos en Bóveda

A senda divulgativa do Viveiro Forestal dos Trollos poñíase en marcha no mes de...

Queixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a senda peonil de Monforte

As dúas formacións políticas manifestan a súa preocupación polo proxecto da nova senda peonil...

A asociación Xuntas polo territorio alerta da saturación enerxética en Chantada co parque eólico Monte Cabeza

A asociación Xuntas pola Defensa do Territorio formalizou no rexistro público as súas alegacións...