Homesociedade110.000€ en axudas para modernizar cinco establecementos turísticos da comarca de Lemos

110.000€ en axudas para modernizar cinco establecementos turísticos da comarca de Lemos

Son en concreto un restaurante en Bóveda, senllos establecementos de aloxamento en Pantón e Sober, e outros dous en Monforte de Lemos. O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou nesta localidade o Hotel Cardenal, que renovou algúns elementos e mellorou a climatización das dependencias

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina 110.700 euros a cinco establecementos turísticos da comarca Terra de Lemos para a renovación e modernización das súas instalacións, ao abeiro do programa de axudas convocado pola Axencia de Turismo de Galicia.

O delegado subliñou o esforzo que está a realizar o sector para ser máis competitivo, “especialmente no xeodestino da Ribeira Sacra, que é un dos de maior proxección turística da provincia”. Ao respecto, indicou que a comarca representa preto do 20% do orzamento correspondente á provincia, onde resultaron beneficiarios 29 negocios de 18 concellos cun investimento total de 575.400 euros.

Os apoios poden destinarse a reformas, adquisición de equipamento, melloras na accesibilidade e a eficiencia enerxética, avances na dixitalización dos sistemas de xestión ou á instalación de equipos de seguridade. Tamén se inclúen as obras orientadas a incrementar a categoría ou a obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...