Esta actividade intégrase dentro do programa do Verán Cultural organizado polo concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración aproximada de hora e media. É preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.
Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.


