HomesociedadeMoita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

O Concello de Monforte conmemorou este domingo 6 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través de dúas visitas guiadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante da Oficina de Turismo (Rúa do Comercio, 6) ás 11:30 e as 18:00 horas. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas polo investigador monfortino Felipe Aira, percorrendo o casco histórico con paradas en espazos moi significativos como a rúa Santo Domingo e a muralla, a Praza de Pescaderías, a rúa da Falagueira, a Porta Nova ou o Campo da Virxe.

O numeroso público que participou da actividade tivo a oportunidade de coñecer  a pegada da presenza xudía na cidade de Monforte e os lugares nos que está documentado o asentamento de familias hebreas. Esta actividade intégrase dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. 

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ao seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

Xornada Europea da Cultura Xudía 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...