HomesociedadeÚltimas prazas para participar no Lugo Termal

Últimas prazas para participar no Lugo Termal

A Deputación Provincial ofertaba 1.120 prazas, 824 está xa esgotadas, restan 296 prazas para que os maiores de 55 anos da provincia se beneficien de tratamentos termais con descontos.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta convocatoria o Goberno da Deputación decidiu duplicar o número de prazas do Lugo Termal, permitindo ofrecer a máis veciños descontos en tratamentos termais nos Balnearios Termas de Lugo, Augas Santas en Pantón e Río Pambre en Palas de Rei.

No Balneario Termas de Lugo xa non quedan prazas dos paquetes que inclúen estancia e máis tratamentos. Nesta mesma modalidade quedan dispoñibles soamente 107 prazas no Balneario Augas Santas, das 730 que ofertaba a Deputación, e 97 no Balneario Río Pambre, das 180 que se puxeron a disposición dos maiores lucenses. En total quedan dispoñibles 204 das 960 que oferta a Deputación.

Na segunda das modalidades, a que inclúe tratamentos sen pernocta, quedan dispoñibles 17 prazas no Balneario Augas Santas, 18 no Balneario Río Pambre, Palas de Rei e 57 prazas no Balneario Termas de Lugo. En total quedan dispoñibles 92 das 160 que oferta a Deputación.

As prazas nas dúas modalidades do programa Lugo Termal poden ser solicitadas ata mediados de xuño sempre e cando, non se esgoten antes.

Os paquetes con estancia consisten en: 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 189,50 euros en total cos descontos.

Os paquete sen pernocta inclúen de 30 a 40 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros cos descontos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...