HomesociedadeSegredos de Pantón organiza un roteiro polo val do río Carabelos

Segredos de Pantón organiza un roteiro polo val do río Carabelos

Trátase dunha andaina de 6 quilómetros programada para o 27 de setembro e cun percorrido circular que comezará no Iberik Augas Santas. Balneario.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O colectivo cultural Segredos de Pantón convida a unha actividade para o día 27 de setembro. Tratase dunha andaina de acompañamento para os participantes doutra actividade que organiza a empresa Bike Sacra. Concretamente trátase dunha ruta en gravel (un tipo de bici) que vai saír dende o balneario das Augas Santas. Para inscricións pode accederse á páxina web do organizador.

Paralelamente a esta ruta de gravel, quen se anime poderá facer un roteiro pola contorna do río Carabelos. Unha andaina duns 6 quilómetros na que se poderá ver unha mina, un antigo priorado e outras cousiñas… e na que xente da asociación Segredos de Pantón fará de guía para os acompañantes do roteiro ciclista así como outra xente que se una a facer a camiñada proposta.

A CAMIÑADA DE ACOMPAÑAMENTO

A saída farase dende o Balneario ás 9:30 horas e terá un custo de 3 euros por persoa, mais será de balde para os cativos e cativas menores de 12 anos.

Para formalizar a inscrición cómpre reservar praza a través das seguintes canles:

– Correo-e: segredosdepanton@gmail.com
– Redes sociais: Facebook ou Instagram
– WhatsApp: 662 669 223 (Lucas)

ÚLTIMAS

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias...

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...