HomesociedadeAlcalde e membros do equipo de goberno participan na romaría do San...

Alcalde e membros do equipo de goberno participan na romaría do San Mateo

A Festa do San Mateo, que se celebrou este luns 21 de setembro, na parroquia de A Parte, é a última das actividades do Concello de Monforte incluídas dentro do programa do Verán Cultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, participaron nos actos festivos que se desenvolveron na parroquia de A Parte para celebrar o San Mateo. Ademais de xantar e falar con veciños e veciñas, desfrutaron tamén dun paseo pola zona frecuentada pola xente máis nova.

O Concello de Monforte colaborou con esta festa na organización e desenvolvemento do dispositivo de seguridade, coordinado pola Policía Local, coa participación da Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil, persoal municipal de Servizos á Cidadanía e unha ambulancia para dar asistencia aos veciños e veciñas participantes ante calquera incidencia. E tamén, como no caso do resto de parroquias municipais, fixo a correspondente achega económica e dotou de contedores o recinto da romaría para facilitar a correcta recollida dos residuos xerados durante a celebración.

O obxectivo, destaca o Alcalde, “é que unha romaría de gran tradición como esta se celebre coa maior tranquilidade e seguridade posibles, por iso desde o Concello coordinamos un dispositivo no que contamos coa colaboración dos diferentes Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, ademais de persoal municipal e da Policía Local”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...