HomesociedadeA Xunta Local de Seguridade de Chantada prepara o operativo para a...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada prepara o operativo para a Feira do Viño

No encontro tamén se analizou a situación da seguridade cidadá no municipio, diminuiron a delincuencia e os delictos graves

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, copresidiron a Xunta Local de Seguridade, convocada para tratar do operativo que se porá en marcha con motivo da celebración, a segunda fin de semana de marzo, da 37 Feira do Viño.

A cita desenvolverase na carpa situada a carón da Praza de Galicia, contando coa participación de 16 adegas. A previsión é que haxa moita asistencia de público cos seus vehículos e faise necesaria a coordinación, por iso da cita participaron, tamén, representantes da Garda Civil e o Subsector de Tráfico, da Policía Autonómica e da Policía Local.

A Xunta Local de Seguridade tamén analizou a situación da seguridade cidadá no municipio de Chantada. Segundo os datos oficiais da Garda Civil, no ano 2018 en Chantada diminuiu un 3,29% a delincuencia, que pasou das 152 infraccións penais denunciadas no ano 2017 a 147 no exercizo de 2018. Diminuiron en case un 13%, os delictos graves e menos graves, contabililizando 61.

O grao de esclarecemento dos delictos de maior consideración, foi do 73,77%, resolvéndose 45 dos 61 delictos coñecidos. Ademais, a Garda Civil detivo no 2018 a 20 persoas pola súa presunta implicación en feitos constitutivos de delictos.

Por outra banda, dentro do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade escolar nos Centros educativos, desenvolveranse neste ano 8 charlas e 1 exhibición de medios, que terán lugar no IES Val do Asma e o CEIP Xoan do Requeixo.

 

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...