HomesociedadeAdxudicada a mellora do Miradoiro do Duque en Monforte

Adxudicada a mellora do Miradoiro do Duque en Monforte

O Concello de Monforte vén de adxudicar a obra de reforma integral do Miradoiro do Duque á empresa Sergonsa Servicios SL, cuxa oferta ascendeu a 50.892,60 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Con esta obra ampliarase e mellorarase o miradoiro, dotarase dun deseño máis actual, ampliaranse as zonas onde se pode contemplar a paisaxe e aumentarase a súa lonxitude no plano horizontal da súa pendente na ribeira do Sil, de xeito que os puntos de observación gañen altura sobre o terreo escarpado aumentado así a sensación de baleiro e o seu atractivo.

Tamén se aumentará a capacidade de acollida para grupos de visitantes executándose un novo miradoiro con dúas zonas desde onde contemplar a paisaxe, que se estenderán sobre a actual pendente da ladeira.

No novo miradoiro, no espazo existente entre os dous palcos, colocarase un panel informativo da paisaxe que se pode contemplar, e un banco sen respaldo con dobre cara.

O prazo de execución é de 8 semanas (56 días) desde a formalización do contrato entre a empresa e o Concello. A financiación desta obra lévase a cabo con fondos do GDR Ribeira Sacra-Courel e fondos municipais.

Praza Luís de Góngora

A Praza Luís de Góngora, situada xunto ó Palacio Condal e a igrexa de San Vicente, conta con alumeado público. Cando se fixeron as obras de acceso ao Parador non se fixo instalación eléctrica e por iso a única iluminación que funcionaba era a de Paradores. Agora dáselle servizo a esas farolas que estaban instaladas e sen suministro eléctrico.

A obra, que tivo un custe de 10.340 euros, executouna a empresa monfortina INTELGA, cuxas obras foron coordinadas coas do lateral da igrexa.

Praza Luís de Góngora / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...