HomesociedadeMonforte incentiva a participación na Feira Medieval

Monforte incentiva a participación na Feira Medieval

Coa convocatoria do VI Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o V Concurso de Decoración de Balcóns e o VIII Concurso de Traxes Medievais preténdese crear unha ambientación acorde á época medieval. A partir de hoxe e ata o 16 de abril pódese presentar a solicitude para participar.

Publicado o

- Advertisement -

Continuando coa estratexia de anos anteriores para motivar a monfortinas e monfortinos a participar na ambientación da XVII Feira Medieval, que terá lugar os días 20 e 21 de abril, o Concello de Monforte abre hoxe, 26 de marzo, o prazo para inscribirse e participar en diferentes concursos.

v concurso de decoración de balcóns

O obxectivo desta acción é premiar os tres mellores balcóns, a criterio dun xurado, no relativo á decoración medieval tendo en conta o seu enxeño e o rigor á hora de contextualizar a ornamentación.

Poden participar todos os balcóns sitos na cidade de Monforte resultando imprescindible que o deseño e a decoración sexa acorde coa época medieval como mínimo entre o 18 e o 21 de abril. Os tres mellores participantes gañarán respectivamente 100, 75 e 50 euros.

O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais empregados na decoración. O fallo do xurado farase público o sábado 20 de abril ás 19:30 h. na propia Feira Medieval.

vi concurso de decoración de establecementos comerciais e hostaleiros

O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores establecementos que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado.

Poden participar todos os locais comerciais e hostaleiros sitos na cidade de Monforte e, como no concurso anterior, a temática e o deseño da decoración será acorde coa época medieval.

O xurado, seguindo os criterios do concurso de balcóns, escollerá 3 gañadores: o primeiro clasificado recibirá 200 euros, o segundo 100 e o terceiro 75. A decisión farase pública o día 20 de abril ás 19:30 h. na propia Feira Medieval.

Marina Doutón e José Tomén vestidos de época na Feira Medieval de Monforte. Fonte: Prensa concello

viii concurso de traxes medievais

O obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos e así incentivar a monfortinas e monfortinos, pero tamén neste caso aos visitantes, á participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.

As modalidades deste concurso son as seguintes, entendendo por infantil ata os 12 anos:

Adultos:

-Individual

-Parellas (2 compoñentes)

-Grupos (a partir de 5 compoñentes)

Infantil:

-Individual

-Parellas (2 compoñentes)

-Grupos (a partir de 5 compoñentes)

A información detallada dos premios para este concurso atópase nas bases publicadas na web do concello.

Os participantes no concurso concentraranse na Praza de España (a carón do Cruceiro) onde estará situado o xurado, ás 17:00 horas do sábado 20 de abril e de alí sairán en desfile por diferentes rúas monfortinas.

A decisión do xurado sobre os 3 gañadores farase pública o mesmo día e á mesma hora que nos outros concursos xa descritos.

Os gañadores serán determinados en función de que os seus traxes foran realizados artesanalmente, da súa elaboración, da riqueza en complementos, da posta en escena, do material utilizado e do seu rigor histórico. Tamén se valorará a permanencia do participante co traxe posto durante os actos organizados durante a Feira Medieval, contribuíndo á animación do mercado coa súa presenza.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...