HomesociedadeRibeira Sacra, destino cada vez máis demandado e con maior antelación

Ribeira Sacra, destino cada vez máis demandado e con maior antelación

A Ribeira Sacra mellora ano a ano as porcentaxes de ocupación previstas para Semana Santa.

Publicado o

- Advertisement -

A uns días da Semana Santa, a previsión de ocupación hoteleira nos días centrais é do 97%. O pasado ano a estas alturas, a previsión era do 89% e no 2017, do 80%. No resto de días da Semana Santa a previsión é do 77%, no 2018 fora do 89% e no 2017 do 54%.

Cos datos manexados polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, sinalan que “as previsións son moito máis optimistas das recollidas nos dous últimos anos. Poderíamos interpretar que as reservas se fixeron en gran parte con maior antelación á de campañas anteriores, sendo Ribeira Sacra a primeira opción de destino dos usuarios turísticos”.

Para os datos finais sinalan desde o Consorcio que haberá que agardar a como queda a climatoloxía e a influenza na demanda final de aloxamento.

A Semana Santa amplíase en 8 comunidades que teñen o luns de Pascua como festivo, entre elas Cataluña, que é un dos principais emisores de demanda na Ribeira Sacra. Nas previsións do Consorcio de Turismo teñen para a noite do 21 ao 22 de abril, unha previsión de ocupación, a 10 de abril, do 75% nos hoteis de 3 e 4 estrelas; do 60% no Turismo Rural e do 30 % nos resto de aloxamentos.

Turismo Activo / turismo.ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...