HomesociedadeExaltacións gastronómicas para promover o consumo dos produtos lucenses de calidade

Exaltacións gastronómicas para promover o consumo dos produtos lucenses de calidade

Participan da iniciativa de 'E Para comer, Lugo' 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios,. Os locais incluirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida, indicación xeográfica protexida e de asociacións e empresas con presenza na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

As xornadas que comezan nesta fin de semana de Semana Santa prolongaranse ata novembro, celebrándose nas segundas quincenas de cada mes. Os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo dacordo co seguinte calendario:

  • Abril. 9 ao 28: Fabas de Lourenzá, Merluza do Pincho de Burela e do CRDO Queixo Arzúa-Ulloa.
  • Maio. 17 ao 26: Ternera Gallega Suprema Raza Rubia Gallega, Grelos de Galicia e CRDO Queixo do Cebreiro.
  • Xuño. 21 ao 30: Merluza do Pincho de Burela, Cordeiro de Raza Ovella Galega e Castañas de Galicia.
  • Xullo. 19 ao 28: Bonito de Burela, Lacón Galego e Pementos de Mougán.
  • Agosto. 16 ao 25: Bonito de Burela, Castañas de Galicia e Pementos de Mougán.
  • Setembro. 20 ao 29 : Porco Celta, Grelos de Galicia, Patacas de Galicia e Mel de Galicia.
  • Outubro. 18 ao 27: Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo do San Simón da Costa e Mel de Galicia
  • Novembro. 15 ao 24: Raza Mos, Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Queixo de Tetilla.

Durante todas as xornadas, empregaranse viños da D.O. Ribeira Sacra, Galletas Daveiga, pan da provincia (AFAPÁN), e CR Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Restaurantes participantes / E para comer, Lugo

 

ÚLTIMAS

O xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22 de xaneiro

Este 22 de xaneiro comeza unha nova edición de FITUR e será na primeira xornada...

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...