InicioSucesosAcepta sete anos de cárcere o mozo chantadino acusado de pornografía infantil...

Acepta sete anos de cárcere o mozo chantadino acusado de pornografía infantil e malos tratos animais

Un mozo de Chantada, José Antonio N. R, aceptou este mércores unha pena de sete anos e dez meses de cárcere por distribuír pornografía infantil a través das redes sociais e do servizo de mensaxería Whatsapp, así como por maltratar “brutalmente” a crías de gato e a coellos, para gravalo e logo difundir esas imaxes.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- O Ministerio Fiscal solicitaba inicialmente para o acusado, que recoñeceu todos os feitos que se lle imputaban no xuízo que tivo lugar esta mañá na Audiencia Provincial de Lugo, unha pena de 13 anos e medio de cárcere, ademais doutros dez anos de liberdade vixiada.

No acordo de conformidade entre a defensa e a acusación pública, xa que o acusado recoñeceu os feitos, o fiscal pediu unha pena de seis anos de cárcere polo delito de distribución e posesión de pornografía infantil, outros dez anos de liberdade vixiada e a prohibición para desempeñar ningún tipo de profesión relacionada con menores de idade durante 11 anos.

Os feitos xulgados remóntanse ao 27 de xaneiro de 2016, cando o acusado supostamente difundiu a través de Facebook tres vídeos de natureza sexual que mostraba a un neno menor de dous anos e unha adolescente. Posteriormente, o 13 de febreiro dese mesmo ano, difundiu 45 vídeos de pornografía infantil nun grupo “dedicado principalmente á difusión de arquivos de contido pedófilo”, que estaba integrado nese momento por 257 individuos de distintas nacionalidades. En todos eses vídeos, precisa o ministerio fiscal, podía verse a un “gran número de menores” que levaban a cabo “actos de natureza sexual” de forma “explícita” con adultos.

O día 3 de maio de 2017, axentes da Garda Civil rexistraron o domicilio do acusado, no municipio lucense de Chantada, onde interviñeron un móbil en cuxa memoria había almacenados “multitude de vídeos de malos tratos animais de extrema brutalidade -algún deles elaborado polo procesado-, zoofilia, gore, necrofilia, violacións, asasinatos, mutilaciones, pornografía infantil e agresións a menores”.

Nun computador portátil, os axentes tamén atoparon “numerosos vídeos de malos tratos animais extremos e unha multitude de vídeos de pornografía infantil”. Ademais, nun disco duro extraíble acharon tamén “vídeos de malos tratos animais de extrema brutalidade”, algún gravado polo procesado, e máis arquivos de pornografía infantil e actos violentos de gran dureza. Grazas á análise do material incautado, os encargados da investigación puideron comprobar que en decembro de 2015 o acusado, supostamente na súa casa de Chantada, maltratou ata a morte a varias crías de gato da súa propiedade, ás que golpeou, esmagou e destripó “con gran ensañamiento”, para despois “ masturbarse diante dos restos dos animais” e logo “distribuír os vídeos” por Internet. O mozo fixo algo parecido o 25 de marzo de 2016 e noutra data non concretada antes de que a Garda Civil rexistrase a súa casa, aínda que neste último caso utilizou coellos para exercer sobre eles “uns malos tratos de extrema brutalidade” ata provocarlles a morte.

O acusado atópase en prisión provisional desde o 4 de maio de 2017, acusado dun delito continuado de distribución e posesión de pornografía infantil e un delito continuado de malos tratos inxustificados a animais domésticos con “ ensañamento” e morte; quedándolle por cumprir outros “cinco anos e seis meses” de reclusión.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....