HomeSucesosDase por 'totalmente extinguido' o incendio de Montefurado

Dase por ‘totalmente extinguido’ o incendio de Montefurado

Publicado o

- Advertisement -

O incendio forestal que desde o pasado mércores afectaba o lugar de Montefurado, no municipio lugués de Quiroga, quedou totalmente exringuido hoxe ás 18:00 horas deste venres, 48 horas despois de iniciarse.

Informou deste “punto e final” ao terrible incendio, a Consellería do Medio Rural, que sinala que as últimas estimacións cifran as hectáreas afectadas polas chamas en 148, das cales 64,25 son de monte arboredo e 83,8 de monte raso.

Nos labores de extinción participaron un técnico, 19 axentes, 46 brigadas, 24 motobombas, unha pa e medios aéreos.

ÚLTIMAS

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...