Detido un mozo en Monforte acusado de traficar éxtase

RIBEIRA SACRA

Na madrugada do día 7 de setembro, axentes de Policía Nacional de Monforte de Lemos, detiveron a un mozo de 23 anos, sen antecedentes, por un delito contra a saúde pública, por tenencia e presunto tráfico dunha substancia estupefaciente denominada MDMA, comunmente coñecida como éxtase.

Os axentes, que realizaban labores de vixilancia, observaron unha elevada “trasfega” de persoas na zona comunmente coñecida como o “cadrado”. No lugar, observaron como un mozo tentaba eludir a presenza policial, polo que foi identificado, en posesión de 27 pastillas rosáceas identificadas como éxtases, así como diñeiro en metálico. O mozo detido levaba, ademais, marihuana.

Durante a intervención policial, un acompañante tentou evitar a detención, en actitude violenta cara aos axentes, polo que foi tamén detido, por atentado a axentes da autoridade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here