HomeSucesosConsternación en Chantada polo asasinato dun emigrante deste concello en Venezuela

Consternación en Chantada polo asasinato dun emigrante deste concello en Venezuela

O asasinado era un piloto comercial fillo dun alcalde que ten raíces na parroquia de Santiago de Arriba.

Publicado o

- Advertisement -

“Consternado”. Así di sentirse o alcalde de Chantada (Lugo), Manuel Varela, tras coñecer o crime do fillo do rexedor do municipio venezolano de Los Salias, José Fernández, con raíces no concello chantadino.

De feito, este alcalde venezolano estivo xunto coa súa súa nai a “mediados de agosto” xa que aínda conserva na vila “curmáns en segundo ou terceiro grao” na parroquia de Santiago de Arriba e contan cun piso en Chantada. Tiñan intención de quedar en Galicia ata este 24 de setembro.

Foi entón cando os dous rexedores se coñeceron. “Vino moi triste e preocupado, falando que as necesidades de Venezuela son moitas, sobre todo quería levar medicamentos”, lembra Varela. Neste sentido, o obxectivo do alcalde venezolano era falar coa Xunta para que mandara medicamentos a Venezuela xa que “non teñen nin para tratar unha dor de cabeza”.

O fillo deste alcalde dos arredores de Caracas, que era piloto comercial, foi tiroteado durante o fin de semana cando se atopaba preto da capital venezolana negociando a compra dun vehículo.  A Policía abateu, despois, aos presuntos criminais de Mitchel Fernández.

Tras o suceso, o rexedor chantadino aínda non puido porse en contacto con Fernández para transmitirlle o pésame deducindo que xa partiu cara ao seu país. “Quero facelo e aínda non dei contactado coa familia. Quero facelo para expresar o meu máis sentido pésame”, indicou.

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...