HomeSucesosFerido un conductor ao volcar o seu coche na N 120

Ferido un conductor ao volcar o seu coche na N 120

O ferido foi trasladado ao Hospital Comarcal de Monforte.

Publicado o

O condutor dun turismo resultou ferido este martes pola mañá ao perder o control do coche, que acabou por saírse da vía e envorcar. O accidente producíase na N 120 á altura do municipio lucense de Quiroga. Segundo informou o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o accidente produciuse ás 10:50 horas, á altura do quilómetro 503 da estrada Nacional 120. Por causas que aínda se descoñecen, o coche que conducía saíuse da vía e quedou envorcado fóra da calzada, polo que non chegou a cortar a circulación. O condutor, cuxas feridas aparentemente non eran graves, foi evacuado en ambulancia ao Hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...