HomeSucesosLiberado un veciño do Saviñao que quedou atrapado baixo o tractor que...

Liberado un veciño do Saviñao que quedou atrapado baixo o tractor que manexaba

Un home tivo que ser liberado polos Bombeiros despois de quedar atrapado baixo o tractor que manexaba cando realizaba traballos nunha finca no concello lucense do Saviñao. 6 horas pasou o ferido nesta situación.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse no lugar de Quián, na parroquia de Reiriz. Ás 21:15 horas, unha persoa particular contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda. Indicaba que un home quedara atrapado baixo a máquina agrícola que manexaba. De acordo co relato do alertante, o ferido atopábase nesta situación dende as 15:00 horas.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Chantada para proceder á liberación do home, J.R.L., de 81 años de edad, que foi trasladado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Comarcal de Monforte nunha ambulancia de soporte vital avanzado.

Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e do equipo sanitario, participaron neste operativo os axentes da Garda Civil. Desde o 112 Galicia avisouse tamén aos voluntarios de Protección Civil do Saviñao por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...