HomeSucesosDous detidos de Taboada e Monterroso por tráfico de drogas

Dous detidos de Taboada e Monterroso por tráfico de drogas

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detén no termo municipal de Antas de Ulla (Lugo), a un veciño da localidade lucense de Taboada, de 41 anos de idade e a veciño de Monterroso (Lugo) de 50 anos de idade como supostos autores dun delito contra a saúde pública-tráfico de drogas.

Os presuntos autores cando foron identificados polos axentes tentaron tirar fóra do alcance da patrulla un envoltorio plástico, en cuxo interior se verificou que contiña dúas bolsas de plástico, unha cunha substancia que aparenta ser cocaína cun peso de 30 gramos e outro cunha substancia que aparenta heroína cun peso de 32 gramos.

Así mesmo portaban 900 euros en diñeiro fraccionado, do que non puideron xustificar a súa lexítima procedencia. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...