HomeSucesosIdentificados na provincia tres condutores con taxas de alcol penalmente sancionables

Identificados na provincia tres condutores con taxas de alcol penalmente sancionables

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil identificou ao longo dos últimos tres días a tres condutores con taxas de alcolpenalmente sancionables. Un deles foi interceptado en Barreiros, o outro en Samos e no terceiro caso trátase dun motorista.

En Samos o condutor investigado é un varón de 24 anos, implicado nunha saída de vía sen feridos no quilómetro 29,500 da estrada LU-633(Pedrafita do Cebreiro–Palas de Rei), termo municipal de Samos. Ao estar implicado nun accidente de tráfico sometéuselle ao test, arroxando unha taxa de 0,65 mg/l.

A Garda Civil lembra que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de bebidas alcohólicas, e en todo caso cando se conduce cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro ou cunha taxa de alcol en sangue superior a 1,2 gramos por litro taxa xa detallada, constitúe un ilícito penal que pode carrexar penas de prisión de ata seis meses de duración.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...