HomeSucesos4 feridos en 2 accidentes de tráfico sucedidos no Courel e Chantada

4 feridos en 2 accidentes de tráfico sucedidos no Courel e Chantada

Publicado o

- Advertisement -

Un persoa foi evacuada o domingo 29 de xullo tras caer por un desvinel de 15 metros de chocar contra unha árbore no coche no que viaxaba en Eiriz,  Folgodo do Courel. A consecuencia da zona de difícil acceso onde quedou a vítima, foi necesaria a presenza dun helicóptero para rescatar ó accidentado e trasladalo ata o hospital. Ata o lugar dos feitos desprazáronse os bombeiros de Monforte, o GES de Folgoso, Protección Civil e unha unidade do 061.

Por outra banda, ó redor das 18:00 horas, 3 persoas resultaron feridas ó saírse da vía o turismo no que viaxaban no lugar de Rabelas, Chantada. Ata o lugar do suceso desprazáronse  Protección Civil de Chantada, a Garda Civil de Tráfico e o bombeiros de Chantada e varias unidades do 061 que trasportaron as vítimas ata o hospital.

En ambos casos, os avisos ó 112 foron dados por particulares.

 

ÚLTIMAS

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...